Community Manager | Mahou

Data | dende maio 2018   Cliente | MRM McCann


Mahou precisaba de alguén que cubrira para redes sociais os eventos que organiza tanto en Galiza como Asturies e non se lle ocorreu mellor idea que chamar a un auténtico aborixe coñecedor do terreo e da farándula autóctona. Cubrimos os eventos patrocinados pola marca: dende concertos, festivais, inauguracións, espectáculos deportivos, etc. E é que ser community manager de Mahou dá moitas alegrías! Ata que se nos caia a birra no móbil mentres facemos un storie, claro…