Data | Outubro 2016 – Xanerio 2017 Cliente | Aborixe Comunicación
Quen sabe se será o clima, unha pandemia, unha guerra dixital, un crack financeiro, a fin do petróleo ou o auxe dos neofascismos. O caso é que xa se cheira o arume apocalíptico e a esquerda política non está sabendo adaptarse ó novo e faltal escenario.
Pero sexamos positivos, porque o colapso tamén precisa de emprendedores e emprendedoras coma ti!
Por iso deseñamos esta axenda e guía de supervivencia. Para que a túa volta ás orixes sexa o menos traumática posible e poidas afrontar con éxito os retos da sociedade poscapitalista que se aveciña.