¡Buen Camino!, unha idea orixinal de Centroña Producións Audiovisuais e producido por Lavinia Audiovisual para TVE é un docu-reality sobre os peregrinos que fan o Camiño de Santiago.
Xunto a un excepcional equipo, traballamos na produción durante a rodaxe do mesmo (abril, maio e xuño 2017). En Portugal, Muxía, Euskal Herria, León, O Bierzo, Galicia, Cuenca… Alí por onde pasaba algún camiño que levase a Compostela estabamos nós a procura de peregrinos e as súas historias.