Data | dende 2016 Cliente | Carballo Interplay – festival de contidos dixitais
Dende 2016 colaboramos na produción do festival de webseries e contidos dixitais de Carballo (A Coruña). Durante catro días, influencers, youtubers, instagramers, produtores, creadores, programadores e xornalistas reúnense na capital bergantiñá para compartir experiencias e coñecer novos proxectos. Pola nosa banda, encargámonos da rexidoría no auditorio durante a gala de clausura, as conferencias e as proxeccións, coordinamos cos centros de ensino a xornada para escolares e xestionamos os desprazamentos e aloxamento dos e das convidadas.